Pediatra de profesión, a súa paixón por mellorar a saúde e a vida das persoas levouna a facer da solidariedade a súa razón de ser. Conbinou o seu traballo no Sergas co voluntariado, nun primeiro momento nos campos de refuxiados saharauis, e despois en Senegal. Axudar a que nos poboados máis desfavorecidos deste país africano tiveran unha cida máis digna levouna a fundar a ONG Daman. A organización non se limita a prestar asistencia sanitaria nestes poboados, senón que tamén puxeron en marcha escolas, levaron auga e luz a onde non existía e puxeron en marcha obradoiros para formar e empregar á poboación local. Sobre a igualdade entre homes e mulleres, especialmente en África, dí que “aínda queda moito traballo por facer”. Recoñece que ela nunca tivo problemas coa poboación local nin coas autoridades polo feito de ser muller “porque teño o meu carácter”. Con todo, advirte ás novas xeracións “que hai que seguir pelexando pola igualdade real” e lamenta que a día de hoxe en países como España aínda se dean situacións de machismo “e máis entre a xente nova”.

Farmacia de garda: a menopausa
Andrea Domínguez e Carla González, famaceuticas de Redondela e Chapela pasan polos nosos micrófonos para falarnos da menopausa, unha etapa pola que pasan as mulleres e que precisa de ser

