Irene Davila traballou sempre rodeada de homes. En empresas de maquinaria agrícola, nas canteiras do Porriño e actualmente na zona portuaria. Un mundo masculino no que se manexa ben malia recoñecer que as veces ten que lidiar coa “rudeza” dalgúns clientes e traballadores. Sobre todo nos seus inicios atopouse con xente que dubidaba da súa capacidade para realizar o seu traballo “por se unha muller e por se nova” pero a día de hoxe recoñece que “en xeral o trato e bo” e neste anos percibiu un cambio para mellor “grazas en gran medida en que cada vez hai máis mulleres que traballan neste campos que ata hai nada eran exclusivos de homes”. Cóntanos a súa experiencia no espazo “As mulleres contan. Percorrendo camiño” en colaboración coa Concellería de Igualdade.

Rodri Míguez: a voz das redes que fai soar a música galega
Rodri Míguez, creador da canle “@rodrimiguez “, é finalista por segundo ano consecutivo na categoría de Proxectos de Comunicación e Difusión Musical dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025.