Hoxe é Venres 20 de Xuño de 2025

As mulleres contan: Antía Rodríguez Rodríguez

Remeira do club de Chapela e campioa de España dous anos consecutivos, Antía Rodríguez Rodríguez repasa nos micrófonos da Radio Municipal a evolución deste deporte nos últimos anos así como a súa presenza nas filas do Club dende hai 15 anos.

Salienta como un avance importante que no 2019 se igualaran as distancias e os premios económicos que se conceden nas regatas as embarcacións masculinas e femininas, pero apunta que aínda queda moito por facer.

No persoal, logo de dous títulos de España só aspira “a repetir o éxito de tempadas anteriores”. Máis ambiciosa é no global “lograr que a liga feminina teña o mesmo recoñecemento que a feminina”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Rock Redondela

Nunha nova entrega do podcast musical da radio municipal “Onda Torrella”, temos o pracer de contar con Juanin Barreiro de Perfectos Estraños, Juan Álvarez de Retroblues e Fran Iglesias de

Escoitar audio »
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: