Hoxe é Venres 6 de Xuño de 2025

Ariadna Álvarez: “Xuventude Mentoring adáptase ao teu perfil e ofrece un trato cercano”

Foto de Ariadna Álvarez

Entrevista completa con Ariadna Álvarez sobre Xuventude Mentoring.

Na nosa sección Carreira de Fondo, hoxe conversamos con Ariadna Álvarez, unha moza que participou no programa Xuventude Mentoring na Empresa, organizado pola Asociación de Empresarios de Redondela. Este programa, que celebra o seu terceiro ano, ten como obxectivo impulsar a empregabilidade xuvenil a través de estadías formativas en empresas de sectores crave como a automoción, o téxtil, a agroalimentación, os servizos sociais ou as enerxías renovables. As persoas participantes reciben unha bolsa de formación de, polo menos, 690,67 euros ao mes e contan cun titor que fai o seguimento da súa evolución. O prazo para inscribirse na nova edición remata este 26 de maio.

Ariadna coñeceu o programa grazas a unha chamada da organización, que a contactou por estar inscrita no programa de Garantía Xuvenil para menores de 30 anos desempregados. “Recomendo estar inscrito nestes programas porque che abren moitas portas”, asegura. No seu caso, a experiencia foi moi enriquecedora. “O programa céntrase en desenvolver competencias clave: desde crear un bo currículo, prepararse para entrevistas, ata aprender a manter a motivación no traballo. Foi moi completo”, explica.

Un dos puntos fortes do Xuventude Mentoring é a súa capacidade para adaptarse a perfís moi diversos. “Había compañeiros e compañeiras de carpintaría, montaxe de automóbiles, sastrería… e, no meu caso, como artista e animadora 3D, atoparon unha empresa que encaixaba perfectamente co meu perfil”, conta Ariadna. Durante tres meses, realizou prácticas en Duplo Motiongraphics, unha empresa dedicada á produción audiovisual. Alí, integrouse nun proxecto real, aprendendo procesos técnicos e adaptándose ao traballo en remoto. “Ensináronme a usar software de seguimento de proxectos e a xestionar tarefas, algo novo para min. Tratáronme como unha empregada máis, pero sen presión, o que fixo que a experiencia fose moi positiva”, lembra.

Ariadna saíu do programa con máis coñecementos e unha visión máis clara do seu futuro profesional. “Os tres meses foron suficientes para formarme, pero gustaríame ter quedado un pouco máis porque era un traballo que me encantaba”, admite. O seu consello para quen estea pensando en participar é claro: “Anímense! Vas gañar experiencia, unha bolsa económica e o apoio constante da Asociación de Empresarios de Redondela, que está sempre pendente de ti. É unha oportunidade que paga a pena”.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 26  de maio. O número de prazas e limitado polo que é recomendable que esta inscrición se realice na maior brevidade posible. As persoas interesadas poden acceder ao impreso de inscrición clicando aquí.

Unha vez cuberto deben envialo xunto coa documentación solicitada ao correo xuventude.mentoringmpresasredondela.gal. Toda a información está dispoñible na web www.empresasredondela.gal ou directamente na sede da entidade. (R/ José Regojo, 2-1ºB).

Instagram de Ariadna Álvarez: @ariadnaltos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: