Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A finca do Castelo de Soutomaior, salvagarda das froiteiras autóctonas

Desde que 1982 a Deputación de Pontevedra adquirise a propiedade do Castelo de Soutomaior , encargouse de conservar o parque e de recuperar especies autóctonas. Así, plantouse un viñedo e creouse un bosque en zonas que anteriormente estaban ocupadas por eucaliptos. Ben coñecido é o seu Xardín de Excelencia, a Ruta da Camelia e a súa uva albariña. O que xa non é tan coñecido é o seu banco de xermoplasma, un ambicioso proxecto para conservar variedades de froiteiras autóctonas para manter a agrodiversidade de Galicia. Roberto Vázquez, técnico de Medio Ambiente da Deputación, explica que se conservan tres unidades de cada variedade, con 77 clases de maceiras, 19 de pereiras e tamén unha pequena colección de ameixeiras.

Roberto Vázquez, técnico de Medio Ambiente da Deputación

As variedades autóctonas fórenso perdendo, entre outros motivos, pola introdución de cultivos máis homoxéneos e económicos. Outro problema das maceiras galegas é que non poden competir con outras variedades “máis produtivas”. Os agricultores do país non contaban con grades colleitas para poder rivalizar cos produtores doutras zonas.

O banco de xermoplasma da finca premite “conservar e protexer” un cento de especies autóctonas

O banco de xermoplasma da finca do Castelo premite “conservar e protexer” estas especies autóctonas, “os nosos recursos naturais e xenéticos, impedindo a súa desaparición e mantendo un legado que debe chegar ás futuras xeracións”. Ademais, creouse un catálogo con debuxos, fotografías e estudos varietais. Así, estableceuse un banco de xermoplasma in situ único na nosa provincia. O traballo ambiental levado a cabo pola Deputación de Pontevedra, con actuacións regulares de conservación, reposición de enxertos, poda e recolección, mantense na actualidade.

A finca conta tamén con árbores senlleiras, cun parque botánico que data de finais do século XIX. Especies procedentes de diferentes partes do mundo adaptáronse á finca e conviven coa flora e a fauna autóctonas. Unha gran araucaria, exemplares de criptomeria, sequoias, cedros e camelias centenarias forman parte deste arboreto. As árbores máis vellas que se atopan no parque son os castiñeiros, dándose algún de ata 800 anos de antigüidade.

A finca do Castelo conta con árbores senlleiras chegadas de diferentes partes do planeta

A creación do viñedo é máis recente, foi unha inciativa da Deputación Provincial de Pontevedra en 1984 e ocupa catro das 30 hectáreas coas que conta o complexo histórico. Toda a uva do castelo é autóctona e albariña na súa maioría, sendo pioneiros na zona coa plantación destas vides. Tamén se atopan outras variedades brancas como godello, torrontés, loureiro e treixadura e as tintas de mencía e sousón.

O Castelo e a extensa finca coa que conta poden visitarse ao longo de todo o ano, con roteiros específicos as seus xardíns como a ruta da Camelia, entre outras.

Escoita aquí a entrevista completa con Roberto Vázquez
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Facendo Camiño

Facendo Camiño é unha asociación sen animo de lucro dedicada á organización de actividades socio/deportivas de diferentes tipos, enfocado ao colectivo LGTBIQ+, tendo o sendeirismo e as andainas como actividade

Escoitar audio »

Carreira de fondo: Laura Nogueira

Nunha nova entrega da sección ‘Carreira de Fondo’ contamos coa xornalista  Laura Nogueira (Redondela), graduada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Falamos do seu proceso académico e o

Escoitar audio »