Pago imposto de circulación
Abril 23 @ 08:00 - Xuño 8 @ 17:00
O prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto de vehículos de tracción mecánica do presente exercicio arrancou o pasado 1 de abril e manterese aberto ata o 8 de xuño. Finalizado este prazo aqueles contribuíntes que non tiveran realizado o pago deberán enfrontarse aos recargos correspondentes.
Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 baixo (horario de atención ó público : mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas) ou descargarse o recibo dende a páxina web do Concello,