Hoxe é Venres 24 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Cursos de informática gratuítos

Abril 23 @ 08:00 - Maio 17 @ 17:00

A concellería de Novas Tecnoloxías oferta máis de 100 prazas gratuítas para participar nestes cursos. O obxectivo é “facilitar a formación dos veciños e veciñas nun sector que está en continuo crecemento” así como promover a alfabetización dixital “naqueles sectores da poboación que teñen máis dificultades no mundo tecnolóxico” explica o concelleiro Antonio Cabaleiro. A formación impartirase nas Aulas CeMIT de Redondela e Chapela e abarcan diferentes ámbitos da informática.

As instancias para participar nos cursos pódense descargar na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais. As solicitudes xunto coa documentación necesaria presentaranse nos rexistros habilitados no Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición.

As formacións inclúen un curso de Collage e álbum de fotos con OnlyOffice, un curso de edición de vídeo con Openshot, formación en trámites online, Identidade Dixital e firma electrónica e, durante os venres de maio talleres para adultos para que realicen consultas e resolvan as súas dúbidas.

Haberá tamén formación en competencias dixitais básicas con tablets e manexo e realización de presentacións multimedia con Canva.

Detalles

Comezo:
Abril 23 @ 08:00
Remate:
Maio 17 @ 17:00