O domingo 12 de abril celebrarase no Pavillón da Bomboneira (por previsión de chuvias) a quinta edición do Primevento, o desfile de moda organizado por comerciantes e autónomos locais de Redondela. Nesta edición, igual que nas anteriores, serán os propios clientes das tendas participantes quen desfile lucindo as coleccións de primavera-verán 2026 de moda adulta e infantil, complementos e calzado.
O evento dará comezo ás 17.00 horas. A venda de entradas realízase nos seguintes establecementos colaboradores: Peluquería Begoña Villaverde, Peluquería Carmen, Kecruz, Flores A&M, Yirandola, Cliché, Ultramarinos a Ponte e Café do Mercado. O prezo da entrada é de 7 € e o aforo está limitado a 300 persoas.
Ao remate do desfile, os asistentes poderán, amenizado con música en directo pola Rondalla de Redondela, tomar uns viños, cervexas e pinchos. O evento rematará ás 22.00 horas.
O Primevento consolidouse desde a súa primeira edición en 2022 como unha iniciativa para apoiar o comercio de proximidade na localidade. Colabora o Concello de Redondela.
Para máis información, os interesados poden consultar directamente nas tendas adheridas ao evento.









