Hoxe é Venres 10 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG leva ao Parlamento a “grave situación” do Centro de Saúde de Redondela e chama á mobilización veciñal

centro_de_saude-3

O Bloque denunciou no Parlamento galego o deterioro da atención sanitaria no Centro de Saúde de Redondela, cualificando a situación de “extremadamente grave” con listas de agarda de “ata 30 días para consultas ordinarias”. Reclaman medidas urxentes á Xunta de Galicia e fan un chamamento á cidadanía a participar da mobilización que terá lugar o vindeiro martes ás 20:00 horas diante do ambulatorio.

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, criticou a “deixadez absoluta” do Goberno galego por non cubrir nin baixas nin períodos vacacionais do persoal sanitario, o que —asegura— está a provocar un colapso no servizo. Segundo explicou, chegouse a dar a circunstancia de que só catro dos doce facultativos previstos estaban en activo.

Entre as principais consecuencias desta situación, o BNG sinala listas de agarda de ata 30 días para consultas ordinarias, así como a ausencia de médicos e médicas en quendas de tarde en varias xornadas. González advertiu de que se trata dun problema estrutural que se repite no tempo “sen que a Xunta poña os recursos necesarios para darlle solución”.

A formación nacionalista considera que a falta de planificación e previsión por parte da Administración autonómica está a prexudicar gravemente á veciñanza, que ve limitado o acceso a un servizo básico como é a atención primaria.

A deputada nacionalistas Carmela González Iglesias trasladou esta situación ao Parlamento Galego. Por unha parte solicitaron nunha proposición non de lei para debater na comisión de sanidade, para forzar ao goberno galego a poñer solucións sobre a mesa e tamén solicitan que a situación do centro sexa debatida no Pleno do Parlamento.

Paralelamente, o BNG fai un chamamento á cidadanía para que participe na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade de Redondela o vindeiro martes 14 de abril, ás 20:00 horas, diante do Centro de Saúde de Redondela. “Só con presión social a Xunta reaccionará ante a nefasta situación da nosa atención primaria”, concluíu González.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará