Os populares lamentan a suspensión do funcionamento do OMIX e da oficina de Consumo no Multiúsos de Redondela e os “peches constantes” da oficina de Rexistro de Chapela. Explican que este servizo non abre moitos días e obriga aos veciños a desprazarse a Redondela para trámites básicos mentres que os departamentos xuvenil e de atención a consumidores están clausurados e tampouco atenden o teléfono.
O populares lamentas as importantes eivas que presenta numerosos servizos municipais. Concretamente fan referencia á oficina de rexistro de Chapela que “sufre constantes peches sen previo aviso que prexudican aos veciños desta zona” e o peche “sine die” da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC).
Responsabilizan da situación “á mala xestión e a política de recortes derivada do errado manexo dos cartos públicos e á desatención aos veciños por parte do executivo de Rivas” e reclaman a restitución plena de todos estes servizos.
O voceiro municipal, Javier Bas explicou que a sede municipal de Chapela permanece pechada durante numerosos días e ademais sen previo aviso, o que a obriga aos veciños desta parroquia a desprazarse ata o centro da vila, coas conseguintes molestias, para a realización dos seus trámites municipais, moitos deles de carácter básico. Sinala tamén que a máquina de etiquetas de rexistro desta oficina non funciona, dificultando a tramitación de expedientes e solicitudes, e ademais o local sufre inundacións de vertidos fecais desde as obras de remodelación, o que supón un grave problema para o servizo e para as condicións de salubridade de traballadores e usuarios.
Por outra banda, a OMIX e a OMIC, que na web municipal figuran cun horario de 9.00 a 14.00 horas en días laborables, permanecen pechadas “temporalmente”, segundo reza o cartel da instalación, e convídase aos veciños a dirixirse ao Concello para as súas xestións nesta materia. Así, ademais de non estar operativos e carecer de persoal, tampouco se atende aos usuarios a través do teléfono, xa que o da oficina xuvenil non existe mentres que o da dependencia de Consumo, no que só reciben a solicitude e posteriormente se deriva a Vigo para asesoramento, nunca é atendido.
Ante esta situación, o PP redondelán reclama a reapertura inmediata todos os días da semana da sede municipal de Chapela e a dotación dos medios e as obras necesarias para o seu funcionamento axeitado e a posta en marcha da OMIX e da OMIC para das resposta ás cuestión xuvenís e de consumo.









