Hoxe é Venres 10 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música da rapeira moañesa Wöyza para pechar a “Semaniña enteira”

concerto

Mási de 600 rapaces e rapazas dos Institutos Mendiño, Pedro Floriani, Illa de San Simón e Chapela achegáronse ao mediodía de hoxe ao concerto da rapeira moañesa Wöyza, co que o Concello agasallou o alumnado de todos os centros escolares de secundaria que participaron na Semaniña enteira 2026.

Unha actividade na que participou alumnado de todos os cursos e niveis, en moitos casos participaron as clases enteiras, nunha semana intensa na que, ademais de falar en galego nas clases e nas casas, tamén se fixeron actividades que buscaban turrar dunha oralidade en galego que cada vez custa máis oír nos corredores.

Dende o IES Mendiño, centro no que xurdiu esta proposta que se foi espallando ao resto dos institutos, valoran moi positivamente a convocatoria desta edición con actividades diversas como a celebración de microdebates durante os recreos ou a actividade multidisciplinar (matemáticas, tecnoloxía e música) do Monocorde, un dos instrumentos máis antigos da civilización grega e atribuído a Pitágoras. O alumnado de 2º da ESO, seguindo unhas proporcións numéricas expresadas en fraccións, tiñan que construir o instrumento no obradoiro de tecnoloxía. Na última fase do proxecto, o alumnado aprendeu a afinalo, preparar un pequeno concerto e explicar aos seus compañeiros/as todo o proceso de elaboración e dificultades atopadas.

 Outra das propostas que salienta a coordinadora da actividade no Mendiño, Olga Nogueira foron as dúas charlas con neofalantes con dúas artistas: unha música rusa e unha deseñadora gráfica árabe-peruana quen lle falaron ao alumnado da súas experiencias co galego e da realidade lingüística dos seus respectivos países.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará