Hoxe é Venres 10 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A arqueira Mónica Ledo recibe o recoñecemento “Orgullo redondelán”

orgullo redondelán

A tiradora do club MeigArco fíxose co ouro no Campionato de España de Sala de arco na modalidade longbow. No seu palmarés figuran tamén dous campionatos estatais, en equipo mixto e individual en anos anteriores, así como numerosos podios en probas autonómicas.

O Concello de Redondela outorgou á deportista de tiro con arco Mónica Ledo, do club MeigArco o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello. A deportista, que comezou a practicar tiro con arco en 2025, amosouse “moi ilusionada” por este recoñecemento que recibiu de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Antonio Cabaleiro e aproveitou o acto para salientar a relevancia dos deportes minoritarios como o tiro con arco “no que o adestramento psicolóxico é case máis importante que o físico”.

No palmarés de Mónica Ledo figuran outros dous ouros estatais, un no campionato de España ao Aire Libre de 2022 en categoría individual e no 2021 en equipo mixto, así como numerosos podios noutras edicións estatais e en campionatos autonómicos. A próxima competición na que participará esta arqueira será en Reboreda o 18 de abril cunha proba ao aire libre.

A alcaldesa destacou sinalou que Mónica é “un exemplo” dos grandes resultados que se acadan “con traballo e disciplina”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará