Hoxe é Xoves 2 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco celebra o torneo solidario Choco Cup

660454871_1232085015576931_576412387742299833_n

O CD Choco xa ten todo preparado para a nova edición do seu tradicional Torneo Solidario de Semana Santa, patrocinado por Recambios Ochoa e coñecido como Choco Cup. O evento celebrarase os días 2 e 3 de abril nas instalacións de Santa Mariña: o xoves 2 de abril competirán as categorías benxamíns e o venres 3 de abril as categorías alevíns.

Trátase dunha xornada de fútbol base con ambiente de convivencia, compañeirismo e moito deporte, na que participarán equipos da comarca e onde se combinará a competición co espírito solidario. Durante o torneo recolléranse alimentos non perecedoiros en colaboración con Cáritas, cunha chamada á participación de todos os asistentes para contribuír con este xesto.

O torneo conta coa colaboración do Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e outras entidades locais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará