Hoxe é Mércores 1 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela FS e Fundación Integra únense nun encontro deportivo

WhatsApp Image 2026-03-31 at 20.06.58

Redondela Fútbol Sala e a Fundación Integra celebraron con éxito o seu segundo partido benéfico no pavillón municipal o pasado martes 31 de marzo. O evento, que xa tivo a súa primeira edición en Nadal, contou coa participación de arredor de 40 xogadores repartidos en tres partidos entre os equipos xuvenís do club local e a Fundación Integra.

Dende o Redondela FS explicaron que esta iniciativa naceu co obxectivo de ir máis alá da competición habitual da tempada. “Queriamos crear un espazo diferente, onde o importante non sexa o resultado, senón gozar, compartir e poñer o deporte ao servizo de algo máis grande”, sinalaron. O club aposta fortemente por este tipo de actividades porque considera o fútbol sala unha ferramenta de inclusión, compañeirismo e valores. “Ao final, trátase de que todos os participantes vivan unha experiencia bonita, se sintan parte e, entre todos, aportemos o noso gran de area a unha causa social”, concluíron.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará