Hoxe é Mércores 1 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obradoiro Fernando Monroy denuncia o abandono do antigo Torreiro de Cesantes e pide a súa recuperación

torreiro cesantes

O obradoiro de Estudos Locais de Cesantes denuncia o estado de abandono no que se atopa o antigo Torreiro da parroquia, un espazo que no pasado acollía algunhas das celebracións máis importantes da zona e que na actualidade presenta unha imaxe degradada “con colectores do lixo ocupando o lugar ou incluso un remolque de grandes dimensións destinado á reciclaxe pegado ao cruceiro poñendo en perigo a súa integridade”.

A entidade cultural salienta a relevancia do espazo no que durante os anos 60 se celebraban festas como as de San Pedro, o Santísimo Cristo ou a Inmaculada Concepción. O torreiro foi habilitado na década de 1960 grazas a adquisición de terreos por parte da Comisión de Festas da época e chegou a ser coñecido como praza de San Pedro, segundo recollen os medios de prensa da época.

Dende o Obradoiro Fernando Monroy explican que xa trasladaron en varias ocasión ao Concello de Redondela unha proposta de recuperación do espazo, un proxecto que contempla a posta en valor da Praza, a protección do cruceiro e a creación dunha zona de esparexemento para a veciñanza, en liña con outras actuacións de humanización impulsadas en distintas parroquias do municipio.

A iniciativa inclúe incluso un primeiro esbozo elaborado por un arquitecto urbanista, e busca devolver a este espazo a súa relevancia social e cultural dentro de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará