Terceiro posto das xuvenis da SAR Rodavigo na FINAL 4/Foto da FGB
O Club SAR Balonman, tras unha magnífica campaña, xa ten confirmada a presenza de dous dos seus conxuntos no Campionato de España que se disputará en maio: tanto o infantil como o cadete clasificáronse de forma directa ao Sector Nacional.
O equipo xuvenil feminino SAR Rodavigo, pola súa banda, pechou a súa participación na Final Four cunha vitoria fronte ao Asmubal Meaño que lle deu o terceiro posto final. Sen embargo, non puideron clasificarse para o Sector Nacional, xa que o Porriño acabou levando a praza ao impoñerse na eliminatoria decisiva. Así, o xuvenil SAR queda fóra do Sector, pero o club mantén viva a ilusión coas dúas categorías inferiores.
Balonmán Chapela clasifícase para a Final Four
Pola súa banda, o equipo cadete feminino do Balonmán Chapela rematou en cuarta posición na liga e conseguiu o billete para a Final Four que se celebrará os días 25 e 26 de abril. Mediranse a Cangas, Lalín e a un terceiro rival aínda por definir, nunha cita que será clave para tentar acceder ao Sector Nacional.
As Choqueiras de Redondela, fóra da Final Four
En canto a As Choqueiras de Redondela, a tempada rematou con decepción nas categorías xuvenil e cadete. Ambas as dúas formacións quedaron fóra da Final Four galega e, polo tanto, non conseguirán praza para o Sector Nacional. Malia o bo traballo realizado durante todo o ano, non puideron materializar as opcións que tiñan nas dúas últimas xornadas. A fase decisiva do balonmán base feminino galego entra agora na súa recta final.
Sen embargo o Infantil Feminino ainda ten unha opurtunidade cando xoguen a eliminatoria da Final 4 contra o Linea21.

As Choqueiras A Garina recibiron o seu trofeo que as acreditaba como equipo campión da Liga Prata Xuvenil Feminina, nesta Final 4 Xuvenil.









