Hoxe é Martes 31 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito do Club Meigarco na primeira xornada da Liga Galega de Aire Libre

657246475_1496572479145975_66109690783175762_n

Fotos de Ruth do Club Meigarco

O club redondelán colleitou tres medallas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce, ademais de varios postos de honra, o que confirma o excelente momento do Meigarco nesta tempada.

Desde o propio club quixeron agradecer a todos os participantes e, sobre todo, ao seu equipo de voluntarios: “Moitas grazas a todos pola vosa participación e esforzo, pero sobre todo ao noso equipo de que liquidaban os imprevistos que ían xurdindo, vós facedes grande a este club”.

Con esta primeira xornada, o Club Meigarco non só demostrou ser un dos clubs máis potentes de Galicia, senón tamén un excelente organizador. A cita serviu para abrir con bo pé a Liga Galega de Aire Libre 2025/26 e deixou claro que Redondela segue sendo un referente do tiro con arco na comunidade.

Os membros do club anfitrión brillaron con forza e acadaron varios podios, demostrando o bo nivel do equipo local. Aquí están os resultados dos participantes de Meigarco:

  • Recurvo Home: Ramón Garrido Garrido – 556 puntos (5º)
  • Recurvo Muller: Patricia Reche González – 550 puntos ()
  • Recurvo +50 Home: Pablo Manuel Lage Gómez – 562 puntos ()
  • Recurvo +50 Muller: Mónica Rodríguez Reguera – 394 puntos ()
  • Composto +50 Home: Ramón Iglesias Muiños – 626 puntos (5º)
  • Desnudo Home: Alejandro López Álvarez – 296 puntos (10º)
  • Tradicional Muller: Raquel Domínguez Latorre – 447 puntos (4ª )
  • Tradicional +50 Home: Alfonso Veiga Miranda – 528 puntos ()
    Jose Norberto Bermejo Pérez – 265 puntos (8º)
  • Longbow Home: José Ángel Casal Rodas – 506 puntos (4ª )
    Hugo Guardiola Ameijeiras – 400 puntos (5º)
  • Longbow Muller: Mónica Ledo López – 549 puntos ()
    Melania Sanjorge García – 533 puntos (4ª )
    Carla Miguelez Pérez – 164 puntos (5ª)
  • Longbow +50 Home: Eugenio Casal Rodas – 597 puntos ()
    José Manuel Bargiela Rodríguez – 528 puntos ()
    Jesús de Arcos Sánchez – 504 puntos (4º )
    Sergio Luis Ruas Fernández – 469 puntos (5º)
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará