A moza de Soutomaior María Codesido será la encargada de dar o pregón de la Festa da Ostra que se celebra esta fin de semana en Soutomaior. O Concello quixo contar con ela en recoñecemento a súa traxectoria persoal e ao seu exemplo de superación. Unha encomenda que María asume con “ilusión e responsabilidade” e que se fará realidade este domingo 5 ás 13:00 horas.
María Codesido regresará a súa vila natal esta fin de semana. Actualmente reside en Noruega, onde cursa o Bacharelato Internacional non UWC Red Cross Nordic College de Noruega, un dos centros da rede Colexios do Mundo Unido, grazas a unha bolsa da Fundación ONCE. Continúa no país nórdico a súa formación académica despois de ter finalizado a ESO con matrícula de honra.
Malia que non tiña previsto pasar a Semana Santa na súa casa, decidiu cambiar de plans tras contar con ela o Concello para esta edición da Festa da Ostra como forma de recoñecer non só o seu esforzo persoal, senón tamén a súa capacidade de inspirar aos demais.
María padece displasia esquelética, un trastorno que afecta ao crecemento das extremidades. Esta condición levouna a someterse a varias intervencións cirúrxicas que lle permitiron gañar altura e, sobre todo, maior independencia na súa vida diaria, pasando de medir 1,05 metros a 1,30.
O procedemento foi longo e non sempre doado “Deter a túa vida e enfrontarte a moita dor que te impide durmir” forma parte deste proceso ao que tivo que facer fronte, baseado nun tratamento de alongamento óseo progresivo que se prolongou durante case dous anos entre as operacións e a recuperación. Afrontou esta etapa con actitude positiva e determinación sabendo que o resultado ía mellorar o seu día a día.
Una vez finalizado este proceso, continúa coa súa vida en Noruega na que está a ser “a mellor experiencia da miña vida, por todo o que aprendo academicamente pero tamén grazas ao contacto con estudantes de todo o mundo”.
Regresará este domingo para asumir o seu papel como pregoeira. “A Festa da Ostra foi e será sempre parte da miña vida e asumo este encargo con moita responsabilidade”, afirma.
Sobre o seu futuro asegura que aínda non ten completamente decidido cal será a súa seguinte etapa formativa pero apunta a que se orientará cara unha carreira de ciencias, probablemente vinculada co ámbito da saúde.









