Os alimentos foron recollidos os pasados 13 e 14 de marzo cando se desenvolveu a campaña do Zampakilos Solidario. Trátase da primeira operación Kilo do ano que organizan a Fundación Provincial Banco de Alimentos e a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski. Os 2.500 kilos de alimentos foron recibidos grazas á labor altruista de máis de 50 voluntarios e voluntarias mobilizados en supermercados Eroski e Autoservicios Familia.
A nivel provincial, a Fundación recadou máis de 66.000 quilos, o que representa un 10 por cento máis que durante o Zampakilos Solidario 2025. As cifras alcanzadas son o resultado de sumar os alimentos recibidos os pasados 13 e 14 de marzo, así como, as doazóns dinerarias dos clientes ao pasar por caixa e achega económica realizada por parte da empresa galega
Mención especial para o alumnado e profesorado do IES Mendiño de Redondela que, por primeira vez, se enfundaron o peto azul e sumáronse ao Zampakilos Solidario durante a xornada do venres, 13 de marzo.
Unha vez máis, o apoio dos centros educativos é fundamental non só por compartir compromiso e valores solidarios, se non, tamén, para poder cubrir novos establecementos e, así seguir crecendo en presenza e en máis puntos da xeografía pontevedresa.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu máis de 1,3 millóns de quilos de alimentos durante 2025, incrementando nun 6 por cento o número de persoas en situación de vulnerabilidade ás que atende. A través das 159 entidades benéficas acreditadas coas que traballa, axuda actualmente a máis de 22.000 beneficiarios.









