Preferente
C.D. Choco – Cented Academy (2-2)
Novo empate do Choco na casa. Os locais non puideron pasar do 2-2 fronte ao Cented Academy, que sumou un punto moi necesario, pero aínda insuficiente para saír da zona de descenso. Na próxima xornada, o Choco visitará ao Tyde FC, rival directo na loita pola salvación.
Primeira Galicia
Marín C.F. – C.D. Arcade (3-2)
Derrota do Arcade no campo do Marín. O equipo mantense na metade da táboa e prepárase para recibir, na próxima xornada, ao SD Agolada, colista da categoría.
Segunda Galicia
C.D. Soutomaior – S.D. Monteporreiro (3-3)
Empate a tres goles do Soutomaior na casa fronte ao líder do grupo, o Monteporreiro. Un punto moi traballado que permite aos locais manterse no cuarto posto, en zona de play-off pola ascenso. Na próxima xornada recibirán ao CD Bueu.
Terceira Galicia – Grupo Pontevedra
C.D. Cesantes – U. Sampayo (5-0)
Goleada do Cesantes, que recupera o liderado da categoría con 51 puntos tras impoñerse por 5-0 ao Sampayo. Na vindeira xornada agárdalles un partido clave contra o EF Villa de Marín, terceiro clasificado con 49 puntos.
Cabe destacar o ascenso a Segunda que conseguiu o equipo de veteráns do CD Cesantes facendo historia no club.
Terceira Galicia – Grupo Vigo
Atlético Villar – E.F. Norbert Losada (3-1)
Nova vitoria do Atlético Villar, que se impuxo por 3-1 ao Norbert Losada. Con 63 puntos, mantense líder e segue moi preto do ascenso directo. O próximo partido será tamén na casa, fronte ao Club Peñasco (noveno no grupo). Están máis cerca do obxectivo do ascenso matemático.
Club Peñasco – Chapela C.F. (0-2)
O Chapela C.F. conseguiu unha importante vitoria como visitante ao gañar por 0-2 no campo do Peñasco. Grazas a estes tres puntos, sitúase cuarto, en zona de play-off, con 49 puntos. Na próxima xornada visitará ao Atlético Huracán de Zamáns, rival directo na quinta posición con 47 puntos.









