Hoxe é Luns 30 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nace a primeira escola de tempo libre de Redondela

SALITRE ETL

A nova escola de tempo libre impulsada polo Club Deportivo Salitre aposta pola formación con enfoque práctico, inclusivo e ligado ao entorno mariño. O proxecto arrinca cun curso oficial que combina teoría e práctica en Cesantes e Saramagoso, orientado a crear profesionais do ocio educativo e inclusivo. A reserva de prazas permanecerá aberta ata o 14 de abril e as persoas interesadas poden solicitar información a través de correo electrónico (salitreclubdeportivo@gmail.com) ou do número de whatsapp 644 047 298.

A Escola de Tempo Libre (ETL Salitre) comezará a súa actividade cun curso de monitor/a de tempo libre homologado pola Xunta de Galicia que se impartirá do 17 de abril ao 31 de maio en formato dual (presencial e online). A formación combinará contidos teóricos e prácticos e desenvolverase na praia de Cesantes e nas instalacións da Asociación de Veciños de Saramagoso.

Un dos principais valores diferenciadores desta escola é a súa especialización en deportes náuticos e ocio inclusivo.  A traxectoria de Salitre como club de referencia nos deportes náuticos da zona e a crecente demanda de profesionais capaces de deseñar e dinamizar actividades accesibles, seguras e adaptadas a diferentes colectivos, foron decisivos á hora de decidir os contidos do curso.

O prezo será de 360 euros,  con desconto para persoas en situación de desemprego, familias numerosas, membros do Club Deportivo Salitre e para quen que se acolla á promoción “Trae a un amigo”.

Os únicos requisitos para formalizar a matrícula son: ter aló menos 18 anos e posuír o título de ESO ou equivalente. A reserva de prazas permanecerá aberta ata o 14 de abril e as persoas interesadas poden solicitar información a través de correo electrónico (salitreclubdeportivo@gmail.com) ou do número de whatsapp 644 047 298

Ademáis, a escola de tempo libre informará de todas as novidades e novas formacións a través do seu perfil de instagram salitre.etl

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará