Hoxe é Luns 30 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

ADIF investirá preto de 600.000 euros no arranxo da Avenida da Estación

adif horizontal

O Concello de Redondela e Adif asinan o convenio para a pavimentación e cesión desta estrada que comunica a N552 coa Estación de Redondela. O organismo ferroviario investirá máis de 582.000 euros na mellora integral antes de transferir a titularidade ao municipio.

 O Concello de Redondela e Adif pecharon o acordo definitivo para a remodelación integral da Avenida da Estación. A través dun convenio de concesión administrativa, o ente ferroviario asumirá o custe total das obras de pavimentación e adecuación estrutural antes de que o vial pase a ser de titularidade municipal.

A estrada atópase nun estado moi deficiente e era unha prioridade absoluta que Adif asumise a súa reparación antes de entregala ao Concello en perfectas condicións, explicou a aclaldesa, Digna Rivas, quen destacou a importancia histórica deste convenio que segundo dixo “da resposta a unha demanda da veciñanza que levaba máis de 20 anos agardando”.

As obras de mellora, que serán executadas pola empresa TRAGSA, contan cun orzamento de 582.268,04 € e un prazo de execución de 3 meses. O proxecto actúa sobre unha superficie de 5.962 m² . O acordo estipula que o Concello asumirá a xestión do vial mediante unha concesión por 75 anos. A entrega oficial non se fará ata que as obras estean rematadas.

Rivas sinala que este compromiso de Adif coa Avenida da Estación non é unha actuación illada, senón que se suma a unha estratexia de modernización integral en Redondela con investimentos que superan os 55 millóns de euros. Entre as principais intervencións destacan a modernización de 7,8 km no tramo Redondela-Bifurcación Arcade para mellorar a fiabilidade da vía. Esta renovación supera os 22,6 millóns. Tamén se renova a conexión con Vigo-Guixar para reforzar o tráfico de viaxeiros e mercadorías cun investimento de 32,7 millóns. Adif mellora os servizos e a accesibilidade na Estación de Redondela. Actualmente están a realizarse as obras cun investimento de 3,3 millóns de euros que inclúe un novo andén central, paso inferior, ascensor e renovación da praza e melloras totais de accesibilidade. A alcaldesa destaca tamén a creación do novo apeadeiro de Chapela cun andén de 220 metro. Deste xeito “recuperamos o transporte ferroviario na parroquia e melloramos a mobilidade da veciñanza tato nas conexións de Chapela con Redondela e Pontevedra como coa cidade de Vigo”.

Digna Rivas, alcaldesa Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará