Os sucesos tiveron lugar en Chapela e na parroquia de Quintela. Ambos condutores aos que se lles detectou unha taxa de alcoholemia que superaba con creces a permitida están sendo investigados por un delito contra a seguridade vial.
O primeira dos sucesos tiña lugar a primeira hora da noite do venres na parroquia de Chapela. Axentes da policía local de Redondela dábanlle o alto ao condutor dunha moticicleta que circulaba de “xeito errático”. O home, veciño de Vigo, someteuse ás probas de alcoholemia que deixaron unha taxa de 1,21 e 1,20 de aire expirado na primeira e segunda proba respectivamente, o que significa que practicamente quintuplicaba o límite permitido ao volante. Este condutor foi denunciado tamén por circular sen o permiso vixente.
O segundo dos sucesos producíase este domingo na parroquia de Quintela e neste caso o protagonista era un veciño de Redondela. Os axentes déronlle o alto ao vehículo e, tras constatar que o condutor presentaba signos evidentes de ter consumido alcohol, foi sometido ás probas correspondentes, deixando tamén un resultado positivo de 1,17 e 1,12, sendo citado para un xuízo rápido.









