Faladoiro: Mulleres invisibilizadas
Marzo 13 @ 19:30 - 20:30
Unha actividade enmarcada dentro das VI Xornadas Gemma Pereira Otero na oficina de turismo o venres 13 de marzo ás 19:30 horas: “Mulleres Invisibilizadas”, coas intervencións de Pilar Martínez (Médica pediatra e fundadora da ONG Da Man), Mª José Rodríguez (Xefa da Unidade de Violencia Contra a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra), Enma Torres (decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo), e Almudena Suárez (Profesora no IES Mendiño e primeira muller segrar autorizada pola Diocese de Tui-Vigo para dirixir a Celebración da Palabra).