Hoxe é Mércores 18 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela Arrasa contra o Valinox Novas B

582492881_18408612511187438_5237846987273065080_n

Foto de arquivo

O Balonmán Chapela logrou unha vitoria moi clara por 29-48 na pista do Valinox Novas B o pasado sábado. Os visitantes dominaron desde o principio e chegaron ao descanso xa gañando por dez goles (12-22). Na segunda metade mantiveron a superioridade e pecharon o partido con autoridade. Con estes puntos, o equipo sitúase na sexta posición da clasificación con 18. A próxima xornada xogarán na casa contra o Bueu Atlético Balonman.

O equipo sénior masculino da SAR OPmobility venceu por 38-22 ao Balonmán Rasoeiro na Bombonera o mércores pasado. Dominaron o partido de principio a fin, controlaron o ritmo e foron ampliando a diferenza progresivamente. Esta vitoria consolida ao equipo na segunda posición da táboa con 23 puntos, só a tres do líder Poio Artai. Na próxima xornada viaxarán para enfrontarse ao BM Linea21, que é o actual cuarto clasificado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará