Hoxe é Venres 13 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suspende o desfile de comparsas polo mal tempo

adiado

Cambios no programa do entroido do Concello de Redondela por un mal tempo que non da tregua. As previsións de chuvia de cara o domingo levou ao departamento de cultura a adiar o desfile de comparsas que se pospón ao domingo 22. Non hai cambios nas actividades previstas para o sábado, con programación pensada para os máis novos durante a tarde e concerto de La Fórmula baixo a carpa no Campo da Feira a partir das 21:30 horas. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, Donald Trump arderá na tarde do Martes na tradicional cita da Queima do Meco.

Nun ano marcado polas políticas “imperialistas e racistas” do presidente estadounidense, o Entroido redondelán queimará a Donald Trump por representar “o desprezo aos dereitos humanos máis básicos”.
O Meco, obra do artista local Rubén Casal, representa a Donald Trump montado nun mísil nuclear. Unha figura que xa se pode ver na praza do Concello e que será reducida a cinzas o vindeiro martes co obxecto de queimar “ao máximo expoñente da extrema dereita e o fascismo moderno”.

A tradicional queima será o Martes de Entroido, o día 17, ás 19.00 horas, na praza do Concello. “Hexagonum”, de Troula Animación, será o espectáculo que dea paso ao lume con pasarrúas de marionetas xigantes, proxeccións audiovisuais, pirotecnia e lume. A festa continuará pola noite co concerto da Mekánica Rolling Band, unha das agrupacións máis festivas de Galicia e coñecida pola súa explosiva mestura de ritmos populares, punk brass e interacción co público. Desde as 20.30 horas na praza da Constitución.

Unhas celebracións que arrancarán o sábado 14 de febreiro co Entroido Infantil e Xuvenil a partir das 16.00 horas con “Un Mar de Xogos” de Bico de Toupa e diferentes obradoiros na Alameda de Castelao. A música correrá a cargo do grupo The Turre´s Band cun animado pasarrúas polo centro da vila desde as 18.00 horas. A partir das 21.30 horas chegará o concerto da orquestra “La Fórmula”, que estreará en Redondela o seu novo espectáculo para esta temporada.

O desfila de comparsas queda adiado ao domingo día 22.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará