O BNG de Redondela convoca á veciñanza a asistir a una charla debate que se vai desenvolver este xoves 12 de febreiro ás 20:00 horas no Centro Cultural de Vilar. O obxectivo da xuntanza e debater a proposta de humanización que os nacionalistas defenden para Porto Cabeiro por entender que o proxecto avalado polo goberno de Digna Rivas non cumpre coas expectativas.
Unha convocatoria dirixida especialmente á veciñanza de Negros, Cabeiro e Vilar, a máis afectada pola obra de humanización da estrada de acceso ao colexio Portocabeiro, cuxo proxecto segundo explican dende o BNG “presenta eivas inaceptables para os veciños e veciñas da contorna”.
O BNG anima a participar nun acto informativo que contará coa presenza do voceiro municipal Xoán Carlos González, Jésica García e David Couñago.










