Hoxe é Sábado 4 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela imponse ao líder e a SAR cae na súa visita a Lavadores

sar mozos

Unha de cal e outra de area nos partidos disputados esta fin de semana na Primeira autonómica de balonmán. Mentres o Balonmán Chapela logrou unha vitoria complicada, xa que xogaba contra o líder da categoría, o Poio Artai, a Sar OPmobility caían no campo do Lavadores. Este mércores regresa a competición cun partido adiantado da SAR que xogarán no pavillón da Bomboneira co Balonmán Rasoeiro ás 20:30 horas.

Lavadores 25-22 Sar

Un equipo que esta fin de semana visitaba a pista do UB Lavadores. Dende o inicio o equipo amosou solidez, apoiados por unha gran actuación na portería e axilidade no ataque. Un bo facer que lles permitiu chegar ao descanso con vantaxe no marcador (10-13).

Tralo paso por vestiarios, os locais saíron con máis forza e lograron darlle a volta ao marcador nos primeiros minutos chegando ao empate no minuto 37. Na última parte do partido o Lavadores lograba poñerse por diante e facerse co encontro que rematou co resultado de 25-22.

A SAR mantense na segunda praza da categoría e este mércores medirase ao Grove Rasoeiro, o pechacancelas do grupo.

Balonmán Chapela 33-31 Poio Artai

Mellor lle foi a xornada ao Chapela que se facía cos puntos en xogo nun partido contra o líder da categoría o Poio Artai. Situados na sexta praza da categoría, o vindeiro sábado xogan no Rosal no campo do Valinox Novas B.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará