Hoxe é Martes 10 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior advirte que prohibir a pesca artesanal da anguía condenaría o futuro da confraría de Arcade

reunion anguia 04

A anguía é un sector estratéxico para a Confraría de Arcade xa que supón preto do 80% dos seus ingresos. Este datos levan a concluír que declarar a anguía en perigo de extinción tal e como propón o Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e, polo tanto, decretar a prohibición da súa captura “condenaría este sector á ruína”

O Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico comunicou a súa intención de declarar a anguía en perigo de extinción. Unha denominación que implicaría a prohibición desta actividade pesqueira en España segundo a Lei de Patrimonio Natural e biodiversidade. Soutomaior é o municipio que concentra a maior cantidade de embarcacións que viven da anguía en Galicia, por esa razón dende o concello amosaron o seu apoio a esta pesca artesanal.

De feito, trátase dun sector estratéxico para a confraría de Arcade xa que supón preto do 80% dos seus ingresos.

Dende o goberno local apoia esta entidade e defenden “o bo facer do sector que se traduce en que nos últimos anos, lonxe de detectarse merma nas capturas, téñense detectado repuntes”.

O alcalde Manu Lourenzo defende que “hai moitas medidas para protexer a anguía, como o coidado do seu hábitat, antes que prohibir a súa pesca, non ten sentido prohibicións aquí mentres Francia e Portugal seguen pescando, hai informes nos que se establecen as principais causas que afectan a anguía, un animal que tivo unha redución no seu hábitat do 95%”.

O alcalde insistiu en que “a pesca artesanal é unha pesca coidadosa e respectuosa e os anguileiros do sector son os principais preocupados en manter a sustentabilidade da especia porque levan xeracións dedicándose a iso e ninguén ten máis sensibilidade ambiental coa especie que o sector de anguileiros de Arcade” e trasladou a súa petición a todas as administración “parar sumarnos na defensa da pesca artesanal e na busca de solucións para garantir a sostibilidade da especie”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará