Hoxe é Luns 9 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación en Arcade ante a proposta do goberno de declarar a anguía en perigo de extinción

confrarái arcade

A proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica de declarar a anguía “en perigo de extinción” abre a porta a prohibir a súa pesquería. Representantes da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade reuníronse coa Consellería do Mar, Marta Villaverde quen lles trasladou o “compromiso da Xunta coa xestión sostible da anguía, baseado no control do esforzo pesqueiro, o seguimento científico continuo, a loita contra o furtivismo e a implicación activa do sector”.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse con representantes da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade, acompañados polo presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, José Rosas, para analizar a situación da pesca da anguía europea en Galicia ante a proposta de Ministerio para a Transición Exolóxica de declarala “en perigo de extinción”, o que abre a porta a prohibir a súa pesquería.

No encontro, a responsable autonómica escoitou as inquedanzas do sector e reiterou o compromiso da Xunta coa defensa dunha explotación responsable e sostible da anguía, unha actividade tradicional de gran relevancia socioeconómica para distintas confrarías galegas e especialmente para a de Arcade. Trátase dunha confraría altamente dependente da captura desta especie polo que, de concretarse, este decisión tería un impacto moi lesivo para a localidade.

Villaverde tamén lles trasladou que xa lle enviara sendas cartas á vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) para que reconsidere a súa postura, e ao ministro Agricultura, Pesca e Alimentación para que se pronuncie e vele polos intereses do sector.

A conselleira do Mar puxo en valor o modelo de xestión aplicado en Galicia, baseado en plans específicos que regulan cotas, tamaños mínimos, número de embarcacións e períodos de veda co obxectivo de favorecer a recuperación da especie e garantir a súa sustentabilidade a longo prazo. Neste sentido, lembrou que a pesca profesional da anguía na comunidade autónoma desenvólvese dentro dun marco regulatorio europeo e estatal que leva case dúas décadas funcionando e que contempla medidas restritivas adicionais como circunscribir a pesquería a exemplares adultos, a prohibición da pesca recreativa ou o control exhaustivo das capturas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará