Unha actividade dirixida a familias con fillos e fillas de entre 10 e 18 anos de idade que terá lugar o vindeiro xoves 12 de febreiro ás 19:00 horas no Instituto Pedro Floriani. O Obradoiro abordará cuestións de actualidade como a educación dixital, a ciberseguridade e a privacidade, así como o uso responsable das pantallas. A organización anima a todas as familias e a toda a comunidade educativa de Redondela a inscribirse e participar no Obradoiro. Inscrición neste enlace.
A iniciativa, organizada en colaboración entre Centro, Anpa do centro e Federación de Anpas, conta coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Na sesión intervirá Manuel Rivas, representante de Amtega e Conxita López, psicóloga educativa e xefa de estudos do IES Pedro Floriani.
O obradoiro abordará cuestións fundamentais para o acompañamento das familias no ámbito dixital. Falarase dos riscos dixitais para os menores, como establecer límites e promover hábitos saudables, a xestión do tempo de pantalla, supervisión respectuosa e acompañamento parental e os recursos e ferramentas de protección. Tamén se abordarán as prácticas coas novas tecnoloxías no contexto educativo e no programa Edixgal.
A actividade forma parte do programa Menores Conectados, promovido pola Xunta de Galicia, cun enfoque práctico e orientado á prevención e ao uso crítico da tecnoloxía.
A asistencia é gratuita, pero precisa inscrición previa no teléfono a través do seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe0SvA7H5SdIb91U5OOFQPyL_4Jy8NVt5hiGd3LFvsks-RrVw/viewform?usp=header









