Hoxe é Luns 9 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco achégase aos postos de descenso tras unha nova derrota no campo do Areas

WhatsApp Image 2026-01-26 at 18.39.34

Areas 4-1 Choco

Mal fin de semana para o equipo redondelán que caía ante o Areas. Unha derrota que os deixa a tan só un punto do descenso directo. Un encontro que arrancou con bo ritmo, cos dous equipos creando ocasións de perigo. A igualdade rachouse cun gol de Yago a media hora inicial. Na segunda parte o Areas fíxose co partido e malia o gol de Roland, os redondeláns viron como o Areas ía ampliando a vantaxe ata chegar ao definivo 4-1.

Unha derrota que lle complica a existencia ao Choco que queda relegado a decimocuarta posición. Na vindeira fin de semana o campo de Santa Mariña acollerá o encontro entre o Choco e o Umia. Os de Redondela tentarán sumar puntos ante o pechacancelas do grupo.

Arcade 1-2 Cordeiro

Tampouco houbo sorte no partido do CD Arcade que milita na Primeira Galicia e que caía ante o cuarto clasificado, o Cordeiro CF. Os de Arcade son oitavos e a próxima cita vainos levar ao campo do Unión, equipo que aspira a loitar polos postos de ascenso e que  actualmente se sitúa na terceira posición.

Soutomaior 2-0 Sanxenxo

Na Segunda Galicia, o CD Soutomaior sitúase nunha meritoria cuarta posición logo da vitoria ante o Sanxenxo por 2-0. Na próxima xornada visitarán o campo do Cerponzóns, situados na décimo primeira posición.

Huracán 1-2 Atl. Vilar

Na Terceira Galicia – Grupo Vigo, vitoria para o líder Atlético de Villar, máis líder ca nunca con sete puntos de vantaxe sobre o segundo da táboa. O equipo impúñase por 1-2 ao Atlético Huracán de Zamáns. Na vindeira semana non deberían ter problemas nun encontro no que contará co apoio da afección no campo do Vilar e recibirán ademais ao pechacancelas do grupo, o Cabral.

Chapela 4- 2 Sampaio

Vitoria tamén para o Chapela  que ascende ata a quinta posición, logo de imporse por 4-2 ao Sampaio. O equipo tentará afianzarse neses postos altos da táboa na próxima semana, cando visitan o campo do San Esteban, equipo situado na parte baixa da categoría.

Cobres 2- 2 Cesantes

Finalmente, no Grupo Pontevedra da Terceira Galicia, o CD Cesantes continúa como segundo clasificado tras lograr o empate na súa visita ao campo do Cobres. Na vindeira fin de semana a competición descansa. Xa de cara ao día 22, o Cesantes recibirá ao Cotobade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará