Hoxe é Luns 9 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán David Lago Alonso proclámase vencedor da Olimpíada Informática Galega

david-lago-internacional-1024x768

O alumno do Ies Pedro Floriani David Lago, xunto ao segundo clasificado, o porriñés Nicolás Freiría Casal, serán os encargados de representar a Galicia na XXX Olimpíada Informática Española, que se celebrará en Valladolid en abril, coa mirada posta na fase internacional do próximo verán en Uzbekistán.

A competición galega desenvolveuse o pasado venres na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC).  Durante tres horas os estudantes enfrontáronse a entre seis e oito problemas de programación, centrados no deseño eficiente de algoritmos resoltos mediante linguaxes como C++, Python ou Java.

Unhas probas de gran nivel nas que participaron ao redor de trinta estudantes de educación secundaria (ESO) bacharelato e formación profesional de grao medio procedentes de nove centros educativos de toda Galicia. Finalmente foi David lago alumno do IES Pedro Floriani quen se alzou coa vitoria.

Un mozo que xa ten experiencia en certames previos. Por exemplo en 2023 xunto con outros dous compañeiros, Carla e Rubén, participaron na Olimpíada Internacional Xuvenil de Ciencias celebrada en Bangkok (Tailandia) cando aínda eran alumnos de ESO no Illa de San Simón, entre outros recoñecementos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará