O escritor, filólogo e profesor Moncho Iglesias Míguez xunto con Rocío Viéitez estará este sábado na libraría Rosalía e compañía para presentar o libro “Un mapa do Lar” de Randa Jarrar. Unha iniciativa do colectivo Propalestino de Redondela que servirá para manter unha conversa arredor da literatura Palestina traducida ao galego e, en xeral, da resistencia cultural que sobrevive malia as bombas e a guerra.
O traductor de “Un mapa do Lar” Moncho Iglesias Míguez é gran coñecedor da cultura Palestina tanto polo seu facer como traductor, como polo seu traballo de profesor de castelán nas Universidades de Belén e Nablús. Participará xunto con Rocío Viéitez Ferro, creadora da colección candemaia a que pertence a súa tradución do libro da autora palestina Susan Abulhawa “O azul entre o ceo e a auga” que xa presentou en Redondela fai un pouco máis dun ano.
O autor é filólogo e profesor de Secundaria e ten publicado novelas e poemarios ademais de traducir ao galego obras israelís e palestinas co obxecto de achegar ao público galego obras menos coñecidas malia a súa elevada calidade. No caso da tradución de “Un mapa do Lar” Iglesias salienta o compromiso literario que hai detrás deste traballo ao tempo que o compromiso social e cultural que nos permitirá coñecer un pouco máis que é Palestina a través dos ollos da rapaza protagonista.
O colectivo ProPalestino, que luns tras luns convoca concentracións de apoio a Palestina esixindo medidas concretas por parte do Estado español e a UE para frear o xenocidio, amosa a súa satisfación por achegar a Redondela esta conversa “entre duas personas honestas no seu facer e que tanto saben sobre Palestina”.









