Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Contos do Lobicán de Redrum Teatro

Marzo 15 @ 18:00 - 20:00

Nova cita enmarcada no VIII Ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela o 15 de marzo cos “Contos do Lobicán” de Redrum Teatro, un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. Todas as actuacións terán lugar no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas a un prezo de 3 euros.

Detalles

Data:
Marzo 15
Hora:
18:00 - 20:00