Contacontos Jane Austen polo Nadal
Decembro 22 @ 18:00 - 20:00
A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela festexará o Nadal conmemorando o 250 aniversario da escritora Jane Austen cun contacontos baseado na vida da autora e nas súas obras que leva por título “Jane Austen polo Nadal”. Unha actividade organizada en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso e que correrá a cargo da contadora Olga Cuervo. Será o luns 22 de decembro ás 18:00 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e público familiar. O contacontos é de balde pero é preciso facer a inscrición previamente na propia biblioteca ou no teléfono 986.40.15.61.