- Este evento pasou.
Acto institucional polo 25N
Novembro 25 @ 12:00 - 14:00
A praza do Concello acolle o martes, 25 de novembro. ás 12:00 horas o acto institucional organizado dentro da programación do Concello polo 25N. Un acto que arrancará coa lectura da Declaración Institucional e os manifestos da Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional e Asociación Lenda de Saúde Mental, representación dos Centros de Día e centros educativos do concello.
O programa inclúe tamén unha performance “Coida todo o que amas” de Iria Sobrado e finalizará coa tradicional ofrenda floral na árbore Ginkgo biloba na rúa Salgueiral.