Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo sistema de recollida de lixo orgánico comezará a funcionar en novembro

residuos

A iniciativa, que busca separar os residuos orgánicos do resto do lixo, está xa en marcha coa instalación dos colectores marróns nos cascos urbanos de Redondela e Chapela. A veciñanza que se sume a esta recollida contará cunha chave para abrir este quinto colector e depositar neles os restos que se trasladarán a planta de Sogama para a súa transformación en compost. Dentro da campaña continúa tamén o reparto de composteiros nas zonas rurais. As persoas interesadas poden solicitalo no teléfono 986 400 300 ou a través da solicitude online que se atopa na páxina web do concello.

Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica. Para garantir un bo tratamento e conversión deste lixo en compost estase a implantar nos Concellos o colector marrón que ten como uso exclusivo a recollida de bio-residuos e que supón ademias cumprir coa lexislación vixente. Este depósito ten a particularidade de estar pechado, coa finalidade de concienciar á veciñanza da separación de residuos orgánicos.

Os novos colectores instalaranse nos cascos urbanos de Redondela e Chapela e no seu interior a veciñanza que se adhira o programa deberá depositar residuos como restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas, cortizas… En definitiva, calquera resto orgánico.

Roberto Villar, concelleiro de Sostibilidade

Unha iniciativa que explica o edil de sostibilidade Roberto Villar, precisa da involucración da veciñanza. O concelleiro adianta que ademais dos beneficios medioambientais que conleva suporá, de cara ao futuro, compensacións económicas, é dicir, que aquelas persoas que reciclen e separen axeitadamente os seus rexiduos verán reducido o seu recibo.

Durante as vindeiras semanas van realizarse accións informativas a pé de rúa para dar a coñecer o funcionamento desta nova práctica de reciclaxe e para que a veciñanza poida darse de alta na campaña e recoller a súa chave e kit de benvida.

O obxectivo é superar o 30% da poboación que adoita sumarse a estas inicaitivas polo que se anima a veciños e grandes produtores como poida ser a hostalarías, froitarías e outros negocios que se adhiran a esta campaña. Anima a poboación a modificar as súas costumes e ir a prácticas maís solidarias con medio ambiente.

Dentro da campaña continúa tamén o reparto de composteiros nas zonas rurais. Así, as persoas que residan nunha vivenda illada e que conten cunha parcela ou horta, dun mínimo de 25m2, pode solicitar un composteiro individual ben chamando ao teléfono do Concello 986 400 300 ou a través da solicitude online que se atopa na páxina web do concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Vai con tan pouco retraso como desde o 01 de xullo de 2022, pola lei 7/2022.

    Digna esta vez non se queixará da presencia do concelleiro do PP na foto, xa que se aprobou grazas ao eles. Que criterios máis variables ten o Gobernó.

    O das compensacións vai ser como o control de acceso ao casco antigo? Moito rexistro e moita nova, pero despois non funciona pois non se controla, e todo está no aire, así as cidadanía está confundida. Dun concello espérase máis seriedade.

    Por que elexiuse o sistema de contedor en vez do porta porta? Xa vai retrasado o tema , porque non facelo mellor.

    https://www.huffingtonpost.es/sociedad/retirada-masiva-nuevo-contenedor-marron.html

    https://www.lacronicabadajoz.com/badajoz/2024/12/07/contenedor-marron-baja-20-ano-112401831.html

    https://ent.cat/es/es-el-puerta-a-puerta-mas-caro-que-los-contenedores/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará