Todo preparado para vivir unha das festas que máis pulo ten collido nos últimos anos na nosa contorna promovida dende a propia administración local que organiza actividades variadas para animar a participación de grandes e cativos. En Redondela as actividades principais pásanse para o domingo día 2 cun Paseo do Pexegueiro que se converterá nun túnel do terror, haberá pasarrúas a cargo de Troula Animación e unha queimada na praza do Concello ás 20:30 horas. Tan só se mantén para o venres 31 os obradoiros infantís nos multiúsos de Chapela e Redondela.
Redondela tiña previsto celebra este venres 31 de outubro, véspera de Defuntos, a festa do Samaín cun programa pensado para todos os públicos con actividades nos Multiúsos de Chapela e Redondela, o paseo do Pexegueiro e as rúas do centro da vila.
O groso da programación trasladarase finalmente ao domingo ante a previsión de chuvias de cara a este venres. Sí se manteñen os obradorios infantís “Fai a túa cabaza” e “Maquillaxe e tatuaxes de terror” que se desenvolverán nos Multiúsos de 17:00 a 20:00 horas así como o reparto de caramelos nos comercios da vila.
Adíase ao domingo a actividade prevista no paseo do río Pexegueiro que se transformará nun Túnel do Terror desde as 18.30 até as 21.30 horas. Unha actividades dirixida a público a partir dos 12 anos ou menores compañados dun adulto. Aconséllase acudir cunha lanterna.
Tamén ese domingo as rúas do centro da vila transformaranse nun gran escenario para acoller o espectáculo itinerante “Errantes”, de Troula Animación. Orcos, trolls e bestas saídos da máis profunda escuridade dos tempos desfilarán pola vila transportando nunha gaiola o “Orlok” . A pirotecnia, os fachos e o fume, xunto coa percusión do pasarrúas, farán vivir ao público sensacións “terroríficas”. A asombrosa comitiva partirá da Praza de Ribadavia ás 19:30 horas. Como novidade, este ano a festa rematará co rito ancestral de queimada “Belenus”. Será na Praza do Concello ás 20:30 horas.
Samaín en Soutomaior
O Concello de Soutomaior optou por suspender as actividades previstas para o venres e mantense sen cambios a programación da fin de semana. Así na xornada do sábado 1 de novembro aterrará no Multiúsos de Arcade o Escape Room Especial Samaín Aldea Labrega. Haberá 2 salas para este escaperoom unha para nenas e nenos de 3 a 7 anos e outra para nenas e nenos a partir de 8 anos. Para este escape room se precisa de inscrición previa.
Nesa xornada tamén aterrará no Multiúsos, a partir das 20:00 horas o Maratón de Cinema de Terror, coa proxección de “Cazafantasmas:imperio helado” e “El Resplandor”, con flocos de millo de balde nos descansos de cada película.
O domingo 2 de novembro chegarán a Finca Cafexo – Massóacollerá o espace room “Quen te cu ten medo”. Unha cita destinada a público adulto, para maiores de 14 anos, que será de balde e que contará cun único pase ás 18:30h.









