Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Semana Samáin Soutomaior: Obradoiro de cabazas

Outubro 26 @ 17:00 - 18:30

O Concello de Soutomaior prepara un ciclo de actividades que se desenvolverán dende o 26 de outubro ata o 2 de novembro e que inclúen o espectáculo “Subumdra” de Troula animación, obradoiros variados, escapes rooms para público infantil e adulto e unha Maratón de cine de terror coa proxección do clásico El Resplandor.

Para o domingo 26 de outubro progran un atractivo obradoiro de esculpido de cabazas dirixido a familias. A actividade terá lugar na Finca Cafexo-Massó, de 17:00 a 18:30 horas. O taller, de balde e con praza limitada a 30 persoas, convida aos participantes a levar a súa propia cabaza para transformala en decocións terroríficas ao estilo Halloween. Trátase dunha proposta pública familiar, ideal para gozar en equipo nun ambiente festivo e creativo.

As inscricións están abertas en liña desde o pasado 17 de outubro ata o 22. Esta actividade é o primeiro evento da Semana do Samaín en Soutomaior que se prolongará ata o 2 de novembro con máis sorpresas temáticas.

Detalles

Data:
Outubro 26
Hora:
17:00 - 18:30