Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

ASEARPO ilumina de verde o Concello polo Día da Artrite e promove un ciclo de xornadas educativas

489623907_1096483865855619_3066605843735051559_n

Mabel Avendaño atendendo un stand informativo de ASEARPO

No Día Nacional da Artrite, que se celebra o 1 de outubro, ponse en marcha a XIV edición da campaña “Outubro, mes da artrite”, unha iniciativa declarada de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade e de interese científico pola Sociedade Española de Reumatoloxía (SER). Promovida pola Coordinadora Nacional de Artrite (Conartritis) e as asociacións membros que a integran en España, como a Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO), esta campaña busca concienciar sobre a realidade que viven miles de persoas afectadas por enfermidades crónicas reumáticas, como a artrite reumatoide, a artrite psoriásica, as espondiloartrites ou a artrite idiopática xuvenil (AIJ).

Ao longo de todo o mes de outubro, desenvolveranse diversas actividades por todo o territorio nacional, cun enfoque na saúde mental , a educación e o apoio aos pacientes. Estas enfermidades, de carácter inflamatorio e autoinmune, xeneran dor crónico, limitacións funcionais e un alto custo emocional e económico para os afectados e as súas familias. Como cada ano, a campaña arranca cun xesto simbólico: a iluminación de edificios e monumentos oficiais en cor verde, representativa da esperanza e a loita contra a artrite. Esta tradición, que se converteu nun emblema da visibilidade das enfermidades reumáticas, terá lugar esta noite, mércores 1 de outubro, a partir das 21:00 horas, en múltiples localidades galegas, especialmente na provincia de Pontevedra e inclúe tamén o Concello de Redondela. Os lugares iluminados inclúen:

  • Redondela: Edificio do Concello.
  • Vigo: Estatua “O Titán” do Hospital Álvaro Cunqueiro, Fontes da rúa Aragón e o Concello de Vigo.
  • Pontevedra: Edificio do Hospital Provincial, Hospital Montecelo, Concello de Pontevedra e Deputación Provincial.
  • Baiona: Edificio do Concello e Cruceiro da Santísima Trindade.
  • Sanxenxo (Hospital do Salnés): Edificio do Hospital do Salnés.
  • Nigrán: Edificio do Concello.
  • Ourense: Ponte Romana, Edificio do Concello e Pazo da Deputación.
  • Santiago de Compostela: Edificio da Xunta de Galicia (San Caetano) e Parlamento de Galicia.
  • Salvatierra, Salceda, Porriño, Ponteareas e Bueu: Edificios dos respectivos Concellos.

Xornada informativa en Vigo sobre artrite psoriásica

Un dos eventos destacados da campaña en Galicia é a xornada informativa organizada por ASEARPO sobre a artrite psoriásica, que se celebrará este sábado 4 de outubro no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vig. O acto, de 10:00 a 14:30 horas, está dirixido a pacientes, familiares e profesionais sanitarios, co obxectivo de educar sobre esta enfermidade que combina inflamación articular con manifestacións cutáneas como a psoriasis, afectando aproximadamente ao 0,5% da poboación española.

O programa arranca ás 10:00 horas cunha inauguración oficial a cargo do Dr. Francisco Javier Puente Prieto, xerente da Área Sanitaria de Vigo, quen dará a benvida. Seguirao Mabel Avendaño Fontán e moderará o Dr. José Mª Pego Reigosa, xefe do servizo de Reumatoloxía da Área sanitaria de Vigo. Despois, ás 10:30 horas, José M. Pego Reigosa, xefe do Servizo de Reumatoloxía da Área Sanitaria de Vigo, abordará na súa sesión “Artrite psoriásica e tratamentos” . Ás 11:15 horas, o Dr. Francisco José Maceiras Pan, reumatólogo da Área Sanitaria de Vigo, presentará o coloquio “Ensaios clínicos e investigación da artrite psoriásica”, onde se exporán os avances máis recentes en tratamentos e estudos clínicos que prometen mellorar o pronóstico dos pacientes. Tras un breve descanso de 12:00 a 12:30 horas, dará paso unha visita a laboratorio e ensaio clínico da atrite psoriásica guiada polo Dr. Samuel García Pérez, xefe do Grupo de Investigación IIS Galicia Sur.

O evento é de balde e aberto ao público, aínda que se recomenda inscribirse previamente a través dos canais de ASEARPO para garantir prazas.

O Día Mundial das Enfermidades Reumáticas “Ven de verde”

O Día Mundial das Enfermidades Reumáticas ASEARPO tamén se suma á acción “Ven de verde”, que anima á poboación a través de redes sociais a que o 12 de outubro se vistan cunha peza ou un accesorio de cor verde e compártana co hashtag #VenDeVerde25, para dar visibilidade a estas patoloxías e mostrar o seu apoio a quen convive con elas. “Quedaremos nun grupo tanto en Vigo como en Pontevedra, iremos de verde cunha cinta verde e subiremos a foto para seguir visibilizando o que é a artrite. Nós facémolo para apoiar ás persoas con artrite, porque este tipo de campañas levámolas a cabo durante todo o ano, con charlas, reunións e actividades conxuntas.”, explica Mabel Avendaño sobre esta iniciativa, que busca non só concienciar, senón tamén fortalecer o vínculo entre os afectados.

Ademais, a presidenta de ASEARPO subliña a importancia do apoio emocional nestas enfermidades: “Aquí temos psicólogas que nos axudan, con tratamento sobre saúde mental que son fundamentais. A xente que chega á nosa porta chega moitas veces desesperada, porque para acceder á Reumatoloxía tardan moito e ao final comezas un percorrido que pode durar tres anos e chegas esgotada. Moitas veces o entorno non o entende: din que é vagancia, que estás en plan vago, non entenden que non queiras saír ou que te encerres en ti mesma. Todo iso xera un impacto enorme”.

Para rematar, ASEARPO abre as súas portas a calquera que precise axuda: “Cualquera persoa que se sinta perdida, que non saiba onde acudir, que non dubide en chamarnos. Sexas socio ou non, nós sempre damos asesoramento e axuda”, conclúe Avendaño, convidando a toda a sociedade a sumarse a esta loita pola visibilidade e o benestar dos afectados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará