- Este evento pasou.
Celebración do Ano Castelao en Reboreda
Outubro 24 @ 08:00 - Outubro 25 @ 17:00
A Asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas e a Sociedade cultural de Reboreda organizan os días 24 e 25 de outubro actividades centradas na figura do político, escritor e ilustrador Daniel Rodríguez Castelao no ano no que se conmemora o 75 aniversario do seu pasamento.
Un concerto o venres 24 na Sociedade Cultural de Reboreda a cargo de Francisco Castro e unha visita ao Museo de Pontevedra o sábado 25 centran esta programación de balde. Inscricións no teléfono 661 156127.