Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Festa do Porco ao espeto de Trasmañó

Setembro 28 @ 11:00 - 21:00

A comisión das Festas de Virxe do Carme de Trasmañó. Cabanas e Rande celebra este domingo a terceira edición da Festa do Porco ao espeto. Será baixo a ponte de Rande onde se instalará unha carpa para que os comensais poidan gozar dunha cita que estará amenizada pola música de Mariano de Suavecito. A xornada compétase cunha Xuntanza moteira. O pregoeiro será o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, amante dos vehículos a dúas rodas.

A festa arrancará ás 11:00 horas coa apertura do bar e unha hora despois arrancará a Xuntanza Moteira, na que os participantes farán unha ruta pola parroquia.

As 14:00 horas terá lugar o pregón que correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira. A continuación comezará o xantar e durante a xornada haberá xogos populares e unha sesión de baile amenizada por Mariano de Suavecito.

A comida inclúe ración de porco, patacas, pementos, bebida, sobremesa e café. O prezo é de 20 euros e os tickes pódense retirar na cafetería Rodeo, no Bar Ruada e na cafetería Puerto Vieira e as previsións apunta a uns 300 comensais, superando a asistencia do ano pasado

Detalles

Data:
Setembro 28
Hora:
11:00 - 21:00