- Este evento pasou.
Ignatius Farray abre o ciclo “Humor na súa tinta”
Setembro 27 @ 20:00 - 22:00
O programa arrancará o vindeiro 27 de setembro e inclúe un total de cinco espectáculos cargados de humor, improvisación e moita risa que buscan animar ao público de Redondela. Para a primeira das actuacións, que correrá a cargo de Ignatius Farray, quedan tan só medio cento de entradas. Pódense adquirir a través da páxina woutick.es a un prezo de 16.50 euros.
Ignatius Farray é un cómico de Tenerife que comezou no STAND-UP hai 20 anos e desde esa data segue de xira por todo o país. A súa popularidade chegoulle da man de programa radiofónicos como La vida moderna xunto con David Broncano e Héctor de Miguel e outras colaboracións televisivas. Un cómico controvertido que estará en Redondela o vindeiro 27 de setembro cunha actuación ás 20:00 no Multiúsos da Xunqueira e un show pensado para maiores de 16 anos.