A banda galega ofrecerá un concerto no local Brisa Chiringo enmarcado dentro da programación do Blues&Rías. A actuación arrancará ás 21.30 horas deste xoves 24 de xullo e o prezo da entrada é de 10 euros con consumición incluída. A banda ofrece un directo que destila rock’n’roll clásico, punk e rythm&blues.