Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior estuda trasladar a ubicación do novo skate park ante o atraso do permiso de Costas

skatepark

O goberno local solicitou a autorización o 5 de febreiro do ano pasado para poder realizar esta actuación no Peirao de Arcade e segue sen obter resposta a pesar do informe previo favorable.

O atraso da Dirección Xeral da Costa e o Mar á hora de outorgar os permisos necesarios para realizar actuacións no Peirao de Arcade está a supor un grave prexuízo para os plans de mellora do Concello de Soutomaior nesta zona. Tanto é así, que desde o goberno local están a reformularse trasladar o skatepark proxectado e situalo noutra zona “menos axeitada, pero na que polo menos poderá saír adiante”, explicou o alcalde, Agustín Reguera.

O rexedor sinalou que a solicitude de permiso para a instalación do novo skatepark remitiuse ao Servizo Provincial de Costas o 5 de febreiro do 2021 e que este organismo informou favorablemente 10 días máis tarde, polo que remitiu a autorización á Dirección Xeral para a súa aprobación definitiva, aínda pendente. Reguera cualifica de “inadmisible” esperar máis de 15 meses por unha aprobación que eles mesmos recoñecen que non modifica a concesión porque o novo skatepark vai no lugar do actual.

Desde o goberno local están a comezar a sopesar outras posibles localizacións para situar o skatepark, e, aínda que as dimensións do recinto non son fáciles de encaixar nos espazos públicos actuais, móstranse decididos a sacar o proxecto adiante.

Do mesmo xeito, a dilatación dos prazos da Dirección Xeral da Costa e o Mar, tamén está a atrasar a mellora de seguridade viaria que o Concello de Soutomaior ten prevista para os accesos e o aparcadoiro. A solicitude do permiso para esta actuación realizouse o pasado 8 de setembro, co que o atraso na autorización alcanza xa o oito meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará