Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Redondela abre prazo de presentación de candidaturas para presidir o partido

voto

Os populares celebrarán o seu congreso local o 11 de xuño. Ata o vindeiro mércores, 25 de maio, os afiliados que desexen optar á presidencia local do partido poderán presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada, como mínimo, polo 5% dos afiliados que se atopen ao corrente de pago das cotas, e un máximo de 50.

Unha vez finalizado este prazo, e despois de que a Comisión Organizadora do Congreso proclame oficialmente aos candidatos, abrirase unha campaña interna entre o 27 de maio e o 5 de xuño para que as persoas aspirantes poidan presentar o seu programa para presidir a xunta local e o seu equipo.

A comisión organizadora está integrada por María do Carmen Bastos, como presidenta; Cándido Vilaboa, vicepresidente; María Lago, secretaria; e Antía Martínez e José Pérez como vogais. Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración o 11 de xuño, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

Poderán participar no congreso os afiliados do PP de Redondela que estean ao corrente do pago das cotas. Deberán formalizar a súa asistencia cubrindo un formulario de inscrición, que poden descargar na web local do partido, ata o mércores 25 de maio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará