Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

División de opinións entre os veciños sobre o resultado da renovada Alameda Castelao

RR_Noticias

Logo de seis meses pechada ao público polas obras de reforma, a Alameda Castelao volvía abrirse ao público o pasado mes de novembro. A principal zona de esparcemento do centro da vila amosa agora un remozado aspecto que moitos valoran de xeito positivo. Con todo son numerosas as queixas, tanto polo atraso da apertura deste espazo público como polas “fochancas” que persisten os días de chuvia.

As obras, que ascenderon a uns 100.000 euros, serviron para restaurar elementos deteriorados, substituir as reixas metálicas dos xardíns por bordos de pedra e remodelar algunhas das ramplas de acceso. Tamén se aproveitou a obra para colocar unhas canalizacións e suavizar a pendente para así tratar de evitar os asolagamentos por mor da choiva nalgunhas zonas da alameda, e renovouse a superficie de xabre. Con todo, os usuarios advirten que non se conseguiu. Tanto os veciños como os visitantes valoran a Alameda Castelao de xeito moi positivo, xa que se trata dunha ampla zona de esparcemento no centro da vila. Pero os traballos de reforma non están exentos de críticas, tanto pola tardanza na execución, que privou aos veciños deste espazo durante medio ano, como polo resultados. Juan e Susana non atopan xustificación “a tanto tempo de traballo nin tantos cartos gastados”. Unha opinión que comparte Viky, que atravesa a diario a Alameda para desprazarse do seu domicilio ao traballo. Cualifica o gasto de “inútil”, entende que hai “outras prioiridades” que resolver no municipio, e lamenta que todas as melloras se fagan no centro de vila “e nunca nas parroquias”. Pero o maior problema que atopan os veciños, na maioría dos casos, é o da acumulación de auga os días de choiva. Lamentan que despois da reforma non se resolvera o problema, e que os días de chuvia se forme “unha lameira” que impide o paso pola alameda. É a impresión de Raquel, que con todo, valora a reforma como algo positivo xa que a alameda estaba “moi deteriorada”. Semalla que o problema da acumulación de auga non é sinxelo de resolver, e tampouco é único desta alameda redondelá. Usuarios como Carlos e Jose advirten que a única solución sería dotar a este parque “dun paseo ou algún carril feito en pedra, para poder pasar evitando a lama”. Outra proposta que fan, non sen humor, é utilizar area de praia, “para que drene”. Pero tamén os hai que restan importancia á acumulación de auga. Mari Carmen advirte que só se fan “pequenas pozas” os días que chove moito, e que o resultado da reforma é “moi bo”. Tampouco Manuel lle atopa defectos á renovada alameda, e cualifica de “bastante bo” o resultado dos traballos de reforma, malia que recoñece que “nunca chove a gusto de todos”. Desde onde chegaron duras críticas aos traballos de reforma da Alameda, é a Agrupación de Electores de Redondela, que denuncia que as obras “non cumpre coa normativa en materia de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida”. Lamentan que a reforma en lugar de eliminar barreiras arquitectónicas “creou aínda máis”. Unhas críticas que rexeita o goberno local. A concelleira Carmen Amoedo asegura que a alameda redondelá “é completamente accesible polo menos por cinco entradas” e acusa a AER de “demagoxia”.

Juan e Susana
Á vista dos resultadaos estes veciños non atopan xustificación "a tanto tempo de traballo nin tantos cartos gastados".
Gasto inútil
Para Viky foi un gasto "inútil". Entende que hai "outras prioiridades" no municipio e lamenta que todas as melloras se fagan no centro "e nunca nas parroquias".
Seguen as fochancas
Raquel valora de xeito positivo a reforma pero lamenta que non se resolvesen os asolagamentos os días de chuvia que impiden pasear pola alameda.
Alternativas
Carlos e Jose advirten que a única solución sería dotar a este parque dun paseo ou carril de pedra para pasar os días de chuvia.
Bo resultado
Pero tamén os hai que restan importancia ás críticas. Manuel non lle atopa defectos á renovada alameda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará