Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Concurso de postais de Nadal

Novembro 23 @ 08:00 - Decembro 4 @ 17:00

A Asociación de Veciños de Chapela pon en marcha unha nova edición do seu Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa dirixida aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos co obxectivo de fomentar a creatividade e celebrar o espírito do Nadal a través da arte. O concurso contará con agasallos para as postais gañadoras de cada categoría

O certame contará con tres categorías de participación: de 3 a 5 anos, de 6 a 8 anos e de 9 a 12 anos. As obras deberán ter como temática o Nadal en Chapela, polo que os máis pequenos poderán plasmar nos seus debuxos as rúas da parroquia, a ría, as tradicións, a cultura ou a súa xente. A organización valorará especialmente a orixinalidade e a creatividade das propostas.

As postais deberán presentarse en tamaño A5 (medio folio) e poderán entregarse ata o vindeiro 4 de decembro, ben no buzón da Asociación de Veciños de Chapela ou directamente a través das ANPAs dos centros educativos. Será imprescindible indicar no reverso da obra o nome e os apelidos do participante, así como un teléfono de contacto.

O concurso contará con agasallos para as postais gañadoras de cada categoría. Ademais, todas as creacións participantes formarán parte dunha exposición aberta ao público. Como premio especial, a postal favorita entre as gañadoras converterase na felicitación oficial de Nadal que a Asociación enviará aos seus socios.

Detalles

Comezo:
Novembro 23 @ 08:00
Remate:
Decembro 4 @ 17:00