Hoxe é Venres 20 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

‘Era domingo’, a curta de Ángel Filgueira e Raquel Álvarez arranca o seu percorrido polos festivais

Ángel Filgueira e Raquel Álvarez no festival L´Alternativa de Barcelona

Entrevista completa a Raquel Álvarez.

A curtametraxe Era domingo, dirixida polo redondelán Ángel Filgueira e a viguesa Raquel Álvarez, inicia o seu percorrido polo circuíto de festivais tras a súa estrea no Festival Internacional de Cine de Xixón e no certame catalán L’Alternativa, onde foi recibida cunha boa acollida.

A cinta propón unha viaxe moi particular pola paisaxe galega: dous amigos que aproveitan os domingos para percorrer diferentes lugares de Galicia no seu coche azul coa intención de buscar e filmar a néboa. Unha premisa aparentemente sinxela que acaba converténdose nunha reflexión sobre a amizade, a memoria, o paso do tempo e a incerteza ante o futuro.

A idea da película xurdiu de maneira espontánea, sen que inicialmente existise a intención de facer unha curtametraxe. Segundo explica Raquel Álvarez nunha entrevista con Radio Redondela, todo comezou durante as viaxes que compartían os dous cineastas, nas que aproveitaban o tempo no coche para conversar sobre as súas vidas, os desexos e os recordos da infancia.

O resultado é unha curtametraxe de carácter documental na que conviven diferentes formatos de imaxe, como o Super 8, o dixital e o MiniDV. A montaxe foi a encargada de dar forma ás numerosas horas de gravación e de escoller un dos posibles camiños narrativos que ofrecía o material.

A néboa funciona como o fío condutor e tamén como unha metáfora dos temas que atravesan as conversas dos protagonistas. A procura dunha vivenda, as relacións amorosas, o proceso de medrar ou a persecución dos propios desexos forman parte das preocupacións dunha xeración que se enfronta á incerteza do futuro.

“Perseguir soños e desexos ten moito que ver con perseguir algo inmaterial que, cada vez que te achegas, parece que está máis lonxe”, sinala a directora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de hoxe: Nintendo Wii

A Nintendo Wii está de aniversario: O pasado 19 de novembro cumpríronse 20 anos do lanzamento dunha consola que revolucionou o mundo dos videoxogos. Quen non botou algunha partida ao

Escoitar audio »